blog-img

Feijóo enxalza o Camiño de Santiago como un patrimonio que é Marca España e que debemos conservar entre todos

person Posted:  Galicia 24h
calendar_month 28 Jun 2021
mode_comment 0 comments

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou hoxe o Camiño de Santiago como un patrimonio que é Marca España e o noso sinal de identidade en todo o mundo e que entre todos debemos conservar. “O camiño é coidar o legado que recibimos”, abundou.

Fíxoo durante o acto de sinatura da Declaración Conxunta de Cooperación Institucional por parte dos gobernos da Rioxa, Galicia, Navarra, Aragón, e Castela León, e a Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS), no que tamén estivo presente a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.

Ao longo da súa intervención, o titular do Goberno galego aproveitou para agradecer aos participantes a súa vontade de proclamar con esta rúbrica a vixencia do Camiño, recoñecer todo o que achega ás comunidades que atravesa e renovar compromisos. Precisamente ao fío disto, puxo en valor que actos como este e o de onte en Liébana demostran que as autonomías polas que pasa o Camiño colaboran e comparten prioridades.

“Galicia é o lugar onde as culturas, linguas, sensibilidades e orixes dos que nos visitan conflúen. Un pobo que durante mil anos foi testemuña da construción europea e dos valores que seguen máis que nunca vixentes, a igualdade e solidariedade”, dixo, logo de recordar os máis de 83.000 km de camiños e máis de 350 asociacións de amigos do Camiño que perviven nos 5 continentes.

Finalmente e a modo de colofón, o presidente da Xunta apelou ao camiño, á súa historia e tradición como punto de encontro, “Estamos unidos de forma secular neste gran país. Temos tanta historia en común que só descoñecéndoa podemos ocultala”, sentenciou. 

Ver mas


Setting Pannel

Style Setting
Theme

Menu Style

Active Menu Style

Color Customizer

Direction
settings
Share
Facebook
Twitter
Instagram
Google Plus
LinkedIn
YouTube